Loading Events

« All Events

Bernardo Barreiro

20 - Xaneiro

20 xan (Galiciana)O 20 de xaneiro de 1850 nace en Compostela Bernardo Barreiro de Vázquez Varela historiador, xornalista e poeta. Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña e estudou os distintos arquivos galegos, así como diversos documentos relativos a Galiza. En 1877 editou en Santiago o libro Efemérides de Galicia, libro que principiaba a súa longa produción historiográfica. Militante do Partido Republicano, pola súa actividade política exiliouse dúas veces na Arxentina onde redactou os estatutos do Centro Galego de Bos Aires. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1904.

Details

Date:
20 - Xaneiro