Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Benxamín Casal Vila

12 - Xaneiro

A Galicia CampesinaO 12 de xaneiro de 1935 nace en Lugo Benxamín Casal Vila, intelectual, escritor e economista. Membro do grupo Brais Pinto –grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores fundado en Madrid–, foi profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo e deputado no Parlamento de Galicia. Benxamín Casal foi vicepresidente e logo presidente da Editorial Galaxia, igualmente foi director da Gran Enciclopedia Galega. Elaborou máis dun cento de proxectos técnicos e escribiu un gran número de artigos para revistas e prensa diaria: Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego. Autor tamén de libros como: A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agrariaA Galicia campesina e O campo galego. 

Detalles

Data:
12 - Xaneiro