Loading Events

« All Events

Benito Vicetto Pérez

21 - Maio

21mO 21 de maio de 1824  nace en Ferrol o novelista, historiador e xornalista Benito Vicetto Pérez,  un dos precursores do Rexurdimento das letras, a cultura e a indentidade galegas.  En  1852,  destinado na Coruña, participa nas veladas péticas e nas sociedades culturais da cidade como o Circo de artesanos. Organiza e participa nos primeiros Xogos Florais. É autor dunha Historia de Galicia  en que sostén que os gregos son os nosos antepasados. A pesar do seu escaso valor historiográfico  contribuíu a asentar a  idea de raza e a existencia dun carácter nacional galego. Foi  autor de numerosas novelas de tema histórico, obras de teatro e poemas. Escribiu tres poemas en galego Cantiga dos Borboriños, Ti e eu e  Sono dunha noite de vrao. Foi director de  El Clamor de Galicia e de Revista de Galicia.

Details

Date:
21 - Maio