Benito Vicetto Pérez
21 - Maio
O 21 de maio de 1824 nace en Ferrol o novelista, historiador e xornalista Benito Vicetto Pérez, un dos precursores do Rexurdimento das letras, a cultura e a indentidade galegas. En 1852, destinado na Coruña, participa nas veladas péticas e nas sociedades culturais da cidade como o Circo de artesanos. Organiza e participa nos primeiros Xogos Florais. É autor dunha Historia de Galicia en que sostén que os gregos son os nosos antepasados. A pesar do seu escaso valor historiográfico contribuíu a asentar a idea de raza e a existencia dun carácter nacional galego. Foi autor de numerosas novelas de tema histórico, obras de teatro e poemas. Escribiu tres poemas en galego Cantiga dos Borboriños, Ti e eu e Sono dunha noite de vrao. Foi director de El Clamor de Galicia e de Revista de Galicia.