- Este evento pasou.
Ben-Cho-Shey
2 - Maio
O 2 de maio de 1988 morre Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido polo seudónimo de Ben-Cho-Shey, mestre, escritor, e investigador de temas históricos, etnográficos e heráldicos. En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos e foi presidente do Partido Galeguista en Lugo. Era inspector de ensino ao comezo da Guerra Civil e foi suspendido e desterrado a Cáceres. Despois da Guerra viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galiza. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade, mesmo impartindo conferencias en galego.