Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Batalla de Ponte Sampaio

7 - Xuño

Homenaxe a Ponte SampaioO día 7 de xuño de 1809 comeza a coñecida como batalla de Ponte Sampaio (Pontevedra), nas beiras do río Verdugo –paso obrigado no camiño Pontevedra–Vigo. Foi un choque bélico que tivo lugar dentro da chamada guerra de independencia española. Nela enfrontáronse milicias populares galegas xunto con tropas regulares españolas contra os franceses, dirixidos polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos galegos impediulle a Ney o paso do río Verdugo, obrigándoo a retirarse. A batalla de Ponte Sampaio impediu o dominio francés sobre o suroeste galego.

Detalles

Data:
7 - Xuño