Cargando eventos

« Todos eventos

Basilio Álvarez

15 - Novembro

15nO 15 de novembro de 1943 morre Basilio Álvarez, unha das figuras máis destacadas do movemento agrarista. Debido á súa actividade política e aos seus encendidos discursos anticaquís o bispado expúlsao da parroquia que dirixía, a de Beiro (Ourense). Basilio Álvarez abandonará o sacerdocio e obterá a licenciatura en Dereito. En 1910 converterase na alma do movemento Acción Gallega un dos máis importantes movementos agrarios e anticaciquís da Galiza do século XX. En 1921 funda o xornal ourensán La Zarpa, o gran diario agrario da época. Neste xornal colaboraron non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos intelectuais do momento como Otero Pedrayo, Ben-Cho-Shey, Arturo Noguerol, Vicente Risco, Castelao, Alexandre Bóveda ou os irmáns os Vilar Ponte. Basilio Álvarez colaborou en La Galerna, La Nueva Época, El Eco de Orense, en Galicia ou El Heraldo Gallego, entre outros xornais. En 1931 será deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República. Logo do golpe militar de 1936 exíliase en América.

Detalles

Data:
15 - Novembro