Loading Events

« All Events

Avilés de Taramancos

23 - Marzo

23 mO 23 de marzo de 1992 falece en Noia o poeta Xosé Antón Avilés Vinagre, Avilés de Taramancos. Aos 20 anos, na revista “Atlántida” da Coruña publica os sete poemas que constitúen As moradías do vento, e tres anos despois o seu primeiro libro A frauta y-o garamelo. Emigrado en Colombia a súa actividade poética continúa. De volta á Galiza monta unha taberna en Noia que se vai converter nun lugar de referencia para o mundo intelectual e literario. Dous dos seus últimos poemarios foron As torres no ar e Última fuxida a Harar. A presenza de Avilés na vida cultural, social e política foi unha constante desde a súa chegada de Colombia: conferencias, recitais, debates, mesas redondas, mitins… Colabora na organización de mostras de teatro, recitais poéticos, actuacións, homenaxes. Participou no congreso fundacional da Asociación de Escritores de Lingua Galega, da que foi elixido presidente en 1986.

Details

Date:
23 - Marzo