Cargando eventos

« Todos eventos

Avelina Valladares Núñez

23 - Outubro

23 oO 23 de outubro de 1825 nace en Vilancosta (A Estrada) Avelina Valladares Núñez. É das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa así como unha adiantada ao empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Filla dunha familia fidalga gozou dunha formación inusual para as mulleres no seu tempo. Nos seus artigos de opinión vaise afastar dos temas da época que se supoñían propios de muller ao tratar cuestións coma os cultivos, a denuncia social, crítica das supersticións e mesmo se dirixe ás autoridades para facer peticións de interese xeral. A maior parte da súa obra non foi impresa. Avelina Valladares era irmá de Marcial Valladares, o autor da considerada como novela inaugural da literatura galega, Maxina ou a filla espúrea.

Detalles

Data:
23 - Outubro