Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Aureliano Pardo Villar

18 - Xaneiro

O 18 de xaneiro de 1882 nace en Arzúa Aureliano Pardo Villar, relixioso dominico e escritor. Foi director da Asociación del Rosario Perpetuo e de Bibliotecario e Sacristán Maior, no convento de Padrón. Tamén, foi socio colaborador do Seminario de Estudios Gallegos. En 1941 ingresa na Real Academia Galega e será no Boletín da Real Academia Galega onde verán a luz numerosos traballos sobre historia e relixión. Colaborou, tamén, noutras publicacións coma Nós. Boletín mensual da Cultura Galega, Logos, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense,Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos. Co pseudónimo de León Yebra Oliver publicou diversos artigos nos xornais Diario de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

Details

Date:
18 - Xaneiro