Loading Events

« All Events

Asociación de Escritores Galegos

10 - Xullo

10 de xullo de 1930 constitúese en Ourense a Asociación de Escritores Galegos: presidente: Otero Pedrayo, vicepresidente primeiro: Villar Ponte, vicepresidente segundo: Castelao, vicepresidente terceiro: Noriega Varela, secretario xeral: Álvaro de las Casas, vicesecretario: Cándido Fernández Mazas, tesoureiro: Vicente Martínez Risco, contador: Roberto Blanco Torres, bibliotecario: Jacinto Santiago, vogais: Paz-Andrade, Rafael Dieste, Jesus Bal, Florentino Lopez Cuevillas, Felipe Fernández Armesto. Sen apenas actividade, haberá que esperar a marzo de 1936 para a constitución da Asociación de Escritores de Galicia con Gonzalo López Abente de presidente e Álvaro das Casas de secretario xeral.

Details

Date:
10 - Xullo