Cargando eventos

« Todos os eventos

Asasinatos de Sobredo

28 - Novembro

28nO 28 de novembro de 1922 Xoaquín Estévez Besada de Soutelo, do concello de Salceda de Caselas; Venancio González Romero de Budiño, tamén do concello de Salceda de Caselas, e a labrega Cándida Rodríguez do concello de Tui, foron asasinados por manifestarse en solidariedade cun veciño do lugar ao que lle ían embargar as terras ao negarse a pagar o foro. No mes de Xullo de 1922 desenvolveríase o Congreso Rexional Agrario de Tui, congreso en que nacería a Confederación Rexional de Agricultores Galegos, cuns 62.000 labregos e labregas nun inicio e máis de 400 sociedades agrarias vinculadas. Neste Congreso decidirían oporse ao pagamento dos foros. Catro meses despois uns dous mil labregos e labregas, convocadas a golpe de badaladas e de foguetes, solidarizaríanse en Sobredo, parroquia de Guillarei (Tui), cun veciño que se negaba a pagar os foros, arengando en favor de A terra para quen a traballaba. Enviada a Garda Civil como forza de choque Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González caerían asasinados.

Detalles

Data:
28 - Novembro