Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

As Encrobas

15 - Febreiro

As EncrobasO 15 de febreiro de 1977 ducias de labregas enfróntase a paraugazos á garda civil nas Encrobas. En 1975, Unión Fenosa decidiu explotar un xacemento de lignito no subsolo do val das Encrobas (Concello de Cerceda) onde vivían unhas 1.500 persoas. Para abaratar custos a empresa optou pola extracción a ceo aberto, o que supoñía desaloxar 400 familias coas súas vivendas, leiras e modo de vida o que provoca o rexeitamento de todo o pobo. O ditador Franco, no último Consello de Ministros que presidiu antes da súa morte, aprobou o expediente de expropiación forzosa. En agosto de 1976, ao berro de “a terra é nosa e non de Fenosa” maniféstanse unhas 5000 persoas polas rúas de A Coruña e son dispersadas pola policía. O 15 de febreiro de 1977 prodúcese a maior revolta agraria das últimas décadas cando a poboación correndo polo monte enfróntase ás forzas de seguridade con sachos e paus e ducias e ducias de mulleres labregas zoupan con paraugas nos gardas civís. Neses enfrontamentos é detido Ramón Valcarce Vega, Moncho Valcarce, coñecido como o crego das Encrobas.

Details

Date:
15 - Febreiro