
As cruces de pedra na Bretaña
15 - Maio
O 15 de maio de 1930 sae do prelo As cruces de pedra na Bretaña de Castelao. Publicado polo Seminario de Estudos Galegos é un estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña francesa.
O texto divídese en cinco capítulos e as descricións dos cruceiros complétanse cun total de 151 debuxos, de conxunto e de detalle, e 12 fotografías.