Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Arturo Noguerol Buján

12 - Setembro

12sO 12 de setembro de 1936 morre asasinado Arturo Noguerol Buján. Arturo Noguerol formou parte importante do chamado cenáculo de Ourense, xunto a figuras como Risco, Otero Pedrayo ou Cuevillas. Membro das Irmandades da Fala, el e Risco tiraron da imprenta ourensá de Antonio Otero os sete números  da revista La Centuria, sendo ademais os principais colaboradores. Noguerol foi un dos promotores da Revista Nós e un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense. Foi colaborador de A Nosa Terra. Sendo Secretario do Concello de Serantes foi detido, oficialmente por propagar noticias tendenciosas, e paseado. O seu corpo apareceu nunha cuneta na estrada da Coruña a Ferrol. Contaba 44 anos.

Detalles

Data:
12 - Setembro