Cargando eventos

« Todos os eventos

Ánxel Johán

28 - Outubro

28oO 28 de outubro de 1901 nace en Lugo Ángel Juan Antonio González López, máis coñecido como Ánxel Johán, poeta, pintor e excelente crítico de arte . Colaborou nas publicacións Ronsel e Yunque. Logo do golpe de estado permaneceu varios anos na cadea. En 1948 volveu a Lugo e colabora nos xornais La Noche, El Progreso e El Pueblo Gallego. Foi o creador, xunto a Manuel María, da colección Xistral. A súa produción poética en galego está recollida en Sonetos de vida e morte.

Detalles

Data:
28 - Outubro