Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Ánxel Casal

19 - Agosto

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 19 of Agosto, repeating indefinitely

19a19 de agosto de 1936 morre asasinado o editor e político Ánxel Casal. Na noite do 18 ao 19 de agosto foi asasinado nunha curva de Cacheiras, perto do cemiterio de Teo, nos arredores de Santiago. Ánxel Casal participa  nas Irmandades da Fala desde a súa fundación e é un dos asinantes do Manifesto de Lugo, o manifesto fundacional do nacionalismo galego. Foi un dos protagonistas do proxecto de Escolas do Insiño Galego, iniciativa da que foi un dos primeiros socios protectores e da que se faría cargo en 1924. Inxente foi o seu traballo editorial: creou a editorial Lar xunto con Leandro Carré Alvarellos e funda a editorial Nós. Ánxel Casal fixo por Galicia máis que todos nós, deixou dito Castelao. O gran contributo de Ánxel Casal á Galiza do século XX estivo no campo da industria cultural, na idea de creación dunha estrutura editorial estable que tivese o galego como vehículo de comunicación. Foi Casal quen editou a Otero, Risco, Castelao, Cunqueiro, Manoel Antonio, Ramón Villar Ponte, Cabanillas, Blanco Amor, Amado Carballo, Víctor Casas, Filgueira Valverde… Editou literatura, historia, ensaio político, propaganda… Con el colaboraron como ilustradores Seoane, Camilo Díaz Baliño, Maside… Militante desde a súa creación do Partido Galeguista foi alcalde de Santiago. O derradeiro retrato de Ánxel Casal fíxoo Díaz Baliño cando estaban xuntos no cárcere da Falcona, en Santiago.

Detalles

Data:
19 - Agosto