Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Antonio Taboada Roca

6 - Febreiro

Terra de MelideO 6 de febreiro de 1899 nace en Melide Antonio Taboada Roca, farmacéutico e historiador. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos dende o ano 1926. Taboada Roca tivo unha influencia decisiva para que os membros do Seminario estudasen a comarca e froito dese estudo se publicase o libro Terra de Melide (1933). Colaborou en Nós, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos e Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Membro da Real Academia Galega, cronista da vila de Melide, Taboada Roca tamén formou parte de asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos. Terra de Melide foi o libro máis extenso e singular de todos cantos publicou o Seminario de Estudos Galegos ao longo da súa historia (“O Seminario de Estudos Galegos adicouse no correr do ano 1929 â Terra de Melide nos diferentes aspeitos (Xeografía, Arqueoloxía, Hestoria, Etnografía, Folk–Lore) que eisixe o coñecimento d–unha rexión natural”).

Details

Date:
6 - Febreiro