Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Antonio Palacios Ramilo

8 - Xaneiro

Antonio PalaciosO 8 de xaneiro de 1874 nace no Porriño o arquitecto Antonio Palacios Ramilo. Estuda arquitectura en Madrid rematando os estudos en 1900. Alí comeza a traballar e moi pronto gaña, xunto co seu compañeiro Joaquín Otamendi, o concurso de edificación do Pazo de Comunicacións de Madrid, actualmente denominado Palacio de Cibeles. Considérase que foi o arquitecto capaz de transformar a fisionomía de Madrid e convertela nunha verdadeira metrópole europea. En 1922, foi nomeado membro da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, por outro lado, Vigo, en 1934, nomeouno Arquitecto Honorario, e mesmo foi distinguido como cóengo da catedral de Ourense polas obras de reforma que realizara no templo. Vinculado ao rexionalismo arquitectónico, mantivo unha grande amizade con Valentín Paz Andrade e Castelao. Entre as obras que realizou en Galiza temos: o Teatro García Barbón de Vigo, a Virxe da Rocha en Baiona, o Banco de Viñas Aranda de Vigo, o Templo Votivo do Mar de Panxón ou a Igrexa da Veracruz do Carballiño.  

Details

Date:
8 - Xaneiro