Loading Events

« All Events

Antonio Noriega Varela

19 - Outubro

19oO 19 de outubro de 1869 nace en Mondoñedo Antonio Noriega Varela, coñecido como O poeta da montaña. Dáse a coñecer como poeta sendo aínda moi novo cando empeza a aparecer na prensa local con poemas de carácter costumista e descritivo. É autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da súa vida, na primeira edición, de 1904, leva por título Montañesas e na terceira edición, de 1920, pasa a denominarse Do ermo. Este cambio de titulación é signo da nova orientación estética de Noriega cando entra en contacto cos homes das Irmandades e a través deles co saudosismo portugués. Publicará poemas en Céltiga e colaborará na revista Nós. Foi recompilador de léxico, cantares, refráns e adiviñanzas. Foi membro da Real Academia Galega. Exerceu a profesión de mestre durante 40 anos

Details

Date:
19 - Outubro