Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Antonio Jacobo Casares Rodríguez

28 - Abril

Antonio Jacobo CasaresO 28 de abril de 1812 nace en Monforte de Lemos Antonio Jacobo Casares Rodríguez, considerado o pai da química galega.

Licenciouse en Filosofía, Farmacia e Medicina. Con só 24 anos gañou por oposición a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi o 1º titular da Cátedra de Química na Universidade de Santiago de Compostela. Decano da Facultade de Filosofía (1846), da Facultade de Farmacia (1857), o 1º decano da Facultade de Ciencias (1859), e no mesmo ano que terminou a carreira de Medicina, en 1872, foi nomeado reitor da USC.

A el débense os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos. Tamén se lle deben as primeiras investigacións en Caldas de Reis e Cuntis, en Arteixo, Carballo, Mondariz, A Toxa, Sousas, etc.

O seu traballo sobre o descubrimento dos metais Rubidio e Cesio foi un fito importante na ciencia española. No ano 1847, sintetizou o cloroformo e o éter cos que se realizaron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia no estado. El foi o que en 1851 acendeu no claustro da Facultade de Historia de Santiago a primeira luz eléctrica con arco voltaico que funcionou no estado español.

Details

Date:
28 - Abril