Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Antonio García Hermida

7 - Abril

Heraldo de VillalbaO 7 de abril de 1885 nace en Vilalba Antonio García Hermida, escritor e xornalista. Con apenas 17 anos, en 1902, editou en Vilalba o xornal manuscrito Ideal Villalbés, colaborou en El Eco de Villalba e fundou e dirixiu os periódicos Azul y Blanco e Heraldo de Villalba, xornal que saíu á rúa entre 1916 e 1931. Tamén colaborou en Ilustración Gallega. Asinou os seus escritos cos pseudónimos D’Aponte, Garcimida e Ragrech. Foi membro das Irmandades da Fala e secretario da Irmandade de Vilalba.

O seu fillo, o tamén escritor Xosé Luís García Mato, publicou os seus poemas e contos en 1973 co título Charetas.

Details

Date:
7 - Abril