Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Antonio Benito Fandiño

22 - Xullo

A CasamenteiraO día 22 de xullo de 1779 nace en Santiago de Compostela escritor e liberal Antonio Benito Fandiño. Polas súas discusións coa autoridades civís e eclesiásticas estivo varias veces no cárcere. Na primeira desas estancias parece ser que foi onde escribiu A casamenteira (1812). É a primeira obra teatral do século XIX conservada e a segunda desde o principio da nosa literatura, tras o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), de Gabriel Feixoo de Araúxo. Fandiño dirixiu e colaborou en varios xornais, sendo sempre moi perseguido polas súas ideas. Falece arredor de 1834. 

Detalles

Data:
22 - Xullo