![Cargando eventos](http://almanaquedasirmandades.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
Antón Zapata
26 - Febreiro
O 26 de febreiro de 1886 nace en Laxe o poeta Antón Zapata García. Moi novo emigra a Arxentina e participa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como “El Eco de Teo”, “Suevia” ou “La Voz de Galicia” e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación “Alborada”, e na “Sociedade Nacionalista Pondal”. En maio de 1929 crea a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.