Loading Events

« All Events

Antón Vilar Ponte

2 - Outubro

2oO 2 de outubro de 1881 nace en Viveiro Antón Vilar Ponte. Persoa dunha intensa actividade política, xornalística e literaria a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira das Irmandade dos Amigos da Fala, constituída o 18 de maio dese mesmo ano na Coruña nos locais da Real Academia Galega. No seo das Irmandades, Vilar Ponte dirixe A Nosa Terra e entrégase a impulsar o teatro. Participa na fundación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego, que chegaría a dirixir, compón prólogos e pezas dramáticas transmisoras do ideario galeguista e en colaboración con Ramón Cabanillas escribe a peza O Mariscal. Foi autor de múltiples artigos e ensaios orientados ao espallamento do ideario das Irmandades. Fondamente comprometido coa nación, foi elixido en 1931 deputado ás Cortes Constituíntes e, cinco anos máis tarde, foi outra vez deputado, desta vez polo Partido Galeguista. Exerceu como xornalista en El País, participou como redactor en Tierra Gallega e na Habana dirixe o Diario Español e algunhas revistas, como Alma Gallega e Follas Novas. Foi correspondente do Diario de La Marina e de Correspondencia, foi redactor de La Voz de Galicia na Coruña e presidente da Asociación da Prensa coruñesa. Desde 1920 colaborou na revista Nós. É o autor de Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional.

Details

Date:
2 - Outubro