Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Antón Tovar Bobillo

16 - Xuño

Antón TovarO día 16 de xuño de 2004 falece en Ourense o poeta Antón Tovar Bobillo –nacera na Pereira (Rairiz de Veiga) en 1921–. Encadrado na chamada Promoción de Enlace, na súa poesía abunda o ton pesimista, o existencialismo, o intimismo e tamén a preocupación social. Despois de cursar o bacharelato en Ourense, onde foi alumno de Otero Pedrayo, inicia Filosofía e Letras en Compostela, carreira que abandonará para entrar nos xesuítas de Salamanca. Logo dun ano deixa os xesuítas e en 1942 gaña a oposición a Contador do Estado. Traballou en Facenda ata 1967 cando foi expulsado pola súa militancia no PCE–PCG, pasando a traballar nunha librería.

Tras os primeiros poemas en castelán na década dos cincuenta, en 1962 comeza a editar en galego. Entre as súas obras están: Arredores (1962), Non (1967) e Calados esconxuros (1980). Tovar, que foi membro da Real Academia Galega, é fundamentalmente poeta, pero tamén cultivou o ensaio e o relato culto.

Details

Date:
16 - Xuño