Loading Events

« All Events

Antón Moreda

26 - Xuño

O 26 de xuño de 1934 nace en San Miguel de Reinante, Barreiros (Lugo) Antón Moreda, home que representa como poucos a entrega dos patriotas emigrados e exiliados na Arxentina para manter o legado de Castelao e o corpo doutrinal que o nacionalismo atesourou desde as Irmandades da Fala.

Con 17 anos emigra a Arxentina. No Centro Galego entra en contacto coa Irmandade Galega, un grupo nacionalista que procuraba manter vivo o legado intelectual e político de Castelao. En 1953 funda as Mocedades Galeguistas, que desenvolveron unha inxente actividade entre as que se conta a creación do xornal Adiante, dirixido por Neira Vilas. Retornado a Galiza participa activamente na “Operación Pomba Mensaxeira”, que dará lugar á creación en 1962 do Consello da Mocidade, xerme do nacionalismo de esquerdas contemporáneo. Foi o seu secretario xeral. Por fortes discrepancias internas é expulsado  un sector, entre os que está a propio Moreda. O grupo de expulsados, pertencentes á vía que desexaba organizar politicamente o nacionalismo en Galiza para liderar a oposición antifranquista, refundaría a UPG.

Na última parte da súa vida, no psiquiátrico onde estivo internado, presionou para que as misas do centro se oficiasen en galego e encargouse da súa biblioteca. Fundou a revista Falemos e Gaiola aberta.

Details

Date:
26 - Xuño