Cargando eventos

« Todos os eventos

Antón Losada Diéguez

15 - Outubro

15o15 de outubro de 1929 morre en Pontevedra aos corenta e cinco anos Antón Losada Diéguez. Desde o seu ingreso en 1917 nas Irmandades da Fala desempeñou un papel relevante na conformación da ideoloxía nacionalista na Galiza. Resultará decisivo na evolución dos que chegarían a ser os compoñentes do Grupo Nós, atraendo a Risco, Noguerol, Otero Pedrayo e Cuevillas ás Irmandades. Chegou a presidir a I Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918. Losada estivo entre os fundadores da revista Nós e foi membro destacado do Seminario de Estudos Galegos. Publicou unha serie de contos en revistas como Nós ou Alborada, así como pezas teatrais, poemas e un breve escrito filosófico. A súa obra, composta fundamentalmente de ensaios, foi compilada e publicada en 1985 baixo o título Obra completa. Defensor da entidade nacional do país galego, esixirá a súa soberanía política como afirmación imprescindíbel perante un Estado centralista e explotador.

Detalles

Data:
15 - Outubro