Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Antón Fraguas

19 - Abril

19 aO 19 de abril de 1951 Antón Fraguas foi elixido académico de número da Real Academia Galega  ingresando co discurso Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade). Profesor,  historiador e antropólogo, foi membro das nas Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. Despois do Alzamento Nacional sufriu represión polas súas actitudes galeguistas sendo apartado do seu posto de traballo ao que regresará en 1950. En 1963 foi nomeado director do Museo do Pobo Galego. Coordinou a sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi membro da Real Academia Galega das Ciencias, da Real Academia da Historia, da Asociación de Arqueólogos de Portugal e da Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.

Detalles

Data:
19 - Abril