Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Antía Cal

18 - Abril

18 aO 18 de abril de 1923 nace Antía Cal. Esta pedagoga, filla dunha familia galega emigrada, nace na Habana. En 1961 funda en Vigo  o “Colexio Rosalía de Castro”, pioneiro na renovación pedagóxica, centro de sensibilización galeguista e cun ensino plurilingüe galego, castelán, inglés e francés. As aulas deste centro levaban nomes de persoeiros significativos da nosa cultura: Castelao, Alexandre Boveda, Manuel Murguía, Eduardo Pondal; nomes de oficios populares: Mariñeiros, Labregos, Irmandiños;  ou da cultura universal: Matrimonio Curie, Bertrand Russel. Tivo un feminismo activo e un compromiso social. No seu libro de memorias Este camiño que fixemos xuntos  plasma a súa vida e a súa dedicación ao ensino.

Detalles

Data:
18 - Abril