Anteproxecto de Estatuto de Autonomía do SEG
6 - Maio
O 6 de maio de 1931 é publicado o anteproxecto de Estatuto de Autonomía do Seminario de Estudos Galegos. Partía da base de España como estado federal e Galiza como un estado libre no seu seo, e recollía a oficialidade do galego como lingua. Comezaba: Art. 1º A Galiza é un Estado libre dentro da Repúbrica Federal Española. Art. 2º As linguas oficiaes no Estado galego son, indistintamente, a galega e a castelá. Non poderán desempeñar na Galiza cárregos púbricos os que non coñezan a lingua galega.