Aníbal Otero
21 - Xaneiro
O 21 de xaneiro de 1911 nace en Ribeira de Piquín Aníbal Germán Alejandro Otero Álvarez. Cursou Filosofía e Letras en Madrid e alí coñeceu os seus mestres Ramón Menéndez Pidal e Tomás Navarro que en 1931 o levaron como colaborador ao Centro de Estudios Históricos. O 5 de agosto de 1936, foi detido mentres elaboraba o ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica) e permanecería no cárcere até o 22 de maio de 1941. Foi nomeado membro da Academia Galega en 1964, aínda que nunca leu o seu discurso de ingreso. Entre outras obras está a súa Contribución al diccionario gallego.