Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ángela Ruíz Robles

28 - Marzo

Ángela Ruíz RoblesO 28 de marzo de 1895 nace Ángela Ruíz Robles, mestra e inventora, podemos considerala unha precursora do libro electrónico. Ocupou a xerencia da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol e profesora na Escola Obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín (na actualidade, CEIP Recimil) de Ferrol. Á marxe do ensino regrado, creou a súa propia academia de pasantías e preparación de oposicións: ELMACA. Muller dunha mente privilexiada e cunha profunda vocación pedagóxica, buscaba facer o ensino máis atractivo e máis “lixeiro”, para iso pensou un aparello onde o seu alumnado tivese nun único libro todas as materias, nace así a Enciclopedia. Como inventora, Ángela Ruíz recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva realizados en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas. Un dos premios nacionais de informática concedidos pola Sociedad Científica Informática Española (SCIE) leva o seu nome desde o ano 2013.

Details

Date:
28 - Marzo