Cargando eventos

« Todos os eventos

Amador Montenegro

30 - Abril

Amador MontenegroO 30 de abril de 1864 nace en Santiago de Compostela Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, escritor e xornalista.

Amador Montenegro dedicouse á poesía, á agricultura e implicouse no movemento agrarista. No ano 1888 viu a luz o seu primeiro libro de poemas e desde outubro de 1889 a decembro de 1890 publicouse o que lle daría o maior recoñecemento póstumo: o semanario lucense A Monteira, que el mesmo, xunto con Manuel Pardo Becerra, fundou e dirixiu.

Logo de casar establece a súa residencia en Vigo, formou parte da Liga dos Defensores de Vigo, deu ao prelo diversos textos agrarios e, desde unha perspectiva galeguista, contrarios ao caciquismo e ao sistema de foros imperantes, ao tempo que creou en Vigo o xornal La Razón, publicado desde 1889 ata 1894.

Un importante número de poemas e contos populares escritos en galego viron a luz, non só en A Monteira, senón tamén en O Tío Marcos da Portela, Aires da Miña Terra, O Gaiteiro de Lugo, El Eco de Galicia, Galicia Moderna ou Vida Gallega, asinados ben co seu nome ou con pseudónimos, coma El Vate de la Raposeira e Esperanza Roca.

O 13 de decembro de 1909 foi nomeado membro da Real Academia Galega, o seu discurso, “Alma da poesía gallega”, foi o primeiro pronunciado en galego nesta institución.

Detalles

Data:
30 - Abril