Cargando eventos

« Todos eventos

Álvaro Gil Varela

2 - Outubro

O 2 de outubro de 1980 morre o filántropo Álvaro Gil Varela. Durante a súa mocidade participou na redacción da revista Ronsel, dirixida por Evaristo Correa Calderón. Foi membro do Partido Galeguista e durante a guerra estivo preso na illa de San Simón. Tiña unha das coleccións de ourivaría prerromana máis importantes do Estado e era propietario dunha importantísima colección de pintura galega contemporánea. Comprou e doou as fincas sobre as que ampliou o Museo de Lugo, depositando alí pinturas e pezas como o Torque de Burela e o Carneiro alado de Ribadeo.

Detalles

Data:
2 - Outubro