Loading Events

« All Events

Álvaro Cunqueiro

22 - Decembro

22 dO 22 de decembro 1911 nace en Mondoñedo o poeta, narrador, dramaturgo, xornalista e ensaísta Álvaro Cunqueiro. Estudante de Filosofía e Letras en Santiago foi asiduo ás tertulias do Derby e do Español onde entraría en contacto co movemento literario e artístico compostelán. Nesta alturas Cunqueiro promove en Mondoñedo varias publicacións dentro do movemento vangardista como son Papel de color e Galiza. Colaborará en Resol e Yunque, adiantando algúns dos poemas que formarán parte dos seus poemarios. Intervén, xunto a Fole, nun mitin da O.R.G.A. en Ribadeo, afíliase ao Partido Galeguista e colabora no xornal A Nosa Terra. Participará activamente, como orador e articulista, na campaña a prol da
aprobación do Estatuto de Autonomía. A partir do inicio da guerra civil achégase á falanxe, da que logo se afastaría custándolle a retirada do carné de xornalista. Cunqueiro iniciarase na Literatura como poeta. O seu primeiro poemario Mar ao norde sae con debuxos de Luís Seoane na editorial Nós. Empeza a súa magna obra narrativa con Merlín e familia. Extraordinario dramaturgo é autor de O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. A carón da actividade literaria, Cunqueiro asinou numerosos traballos xornalísticos, obras gastronómicas e libros de viaxes. Foi membro da Real Academia onde ingresa co discurso Tesouros novos e vellos. Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela e membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Details

Date:
22 - Decembro