Cargando eventos

« Todos os eventos

Álvaro Cebreiro

26 - Maio

26 mO 26 de maio de 1903 nace na Coruña o debuxante, ilustrador e caricaturista Álvaro Cebreiro. Artista precoz,  xa en 1919 comeza a colaborar, facendo caricaturas, co xornal A Nosa Terra, órgano de expresión das Irmandades da Fala. A súa primeira exposición individual tería lugar precisamente na sala das Irmandades da Fala, en 1920. Colabora na revista Mondariz, é redactor artístico de Alborada, ilustra exemplares da editorial Céltiga. En xuño do ano 1922 asina xunto a Manoel Antonio o manifesto ¡Máis alá! Neste texto poeta e debuxante únense na busca de novos camiños afirmando o seu compromiso coa lingua galega e coa vangarda artística e cultural da época. É director artístico de Ronsel e colaborar habitual de Alfar. En 1934 participa na fundación da Asociación de Artistas da Coruña e en 1953 é nomeado  académico da Real Academia Provincial de Belas Artes de dita cidade.

Detalles

Data:
26 - Maio