Cargando eventos

« Todos os eventos

Álvarez Insua

10 - Agosto

10a10 de agosto de 1938 morre Álvarez Insua, escritor e un dos máis destacados xornalistas da emigración. Con tan só catorce anos colabora co xornal Heraldo Gallego, que dirixía en Ourense Valentín Lamas Carvajal, e logo co compostelán Gaceta de Galicia. Emigrado en Cuba funda o semanario El Eco de Galicia, xornal que sería un dos medios máis importantes da emigración galega en América. Desde as páxinas de El Eco de Galicia Álvarez Insua propuxo a fundación dun Ateneo Gallego. A publicación deste artigo vai ser considerada a primeira pedra para a constitución do Centro Gallego da Habana. É ademais autor de poesía, ensaio e novela.

Detalles

Data:
10 - Agosto