Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Alonso Ríos

15 - Agosto

15aO 15 de agosto de 1887 nace en Silleda o escritor e político Alonso Ríos. Emigrado na Arxentina participa no acto fundacional da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e é un dos que se vai poñer á frente  da Federación. Coa proclamación da II República a Federación enviou a Suárez Picallo e Alonso Ríos para que os representase en Galiza. Tivo unha grande implicación na folga promovida polo movemento obreiro en que se proclama a República Galega nas cidades de Ourense e Compostela. O 27 de xuño de 1931 o diario El Pueblo Gallego publicaba a siguiente noticia: Alonso Ríos es nombrado presidente de la Junta Revolucionaria de la República Gallega. Desenvolveu un intendo labor a prol da aprobación do Estatuto de autonomía de Galiza. A noite do 18 de xullo de 1936  participa en Tomiño na formación dun comité de defensa da República. Alí chegaron a saber que andaban na súa procura e que mesmo  prometeran unha recompensa de 50.000 pesetas a quen o entregase vivo ou morto. Vaga disfrazado de esmoleiro e traballando na labranza por diferentes aldeas de Pontevedra e Ourense facéndose pasar por portugués co nome de Afranio de Amaral. Pasa a Portugal e de aí consegue fuxir á Arxentina onde é recibido como un símbolo do triunfo da resistencia. Logo da morte de Castelao presidiu o Consello de Galiza. Entre as súas obras está O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte.

Details

Date:
15 - Agosto