- Este evento pasou.
Alfredo Somoza
29 - Setembro
O 29 de setembro de 1951 morre Alfredo Somoza. Participou na fundación das Xuventudes Galeguistas e na fundación das Irmandades da Fala. Foi colaborador habitual nos xornais Nós e Terra Galega. Foi elixido concelleiro da Coruña nas eleccións municipais de abril de 1931. Nas eleccións de 1936 saíu elixido deputado nas Cortes nas listas da Frente Popular e formou parte da comisión que levou o Estatuto a Madrid tras a súa aprobación en referendo o 28 de xuño. Logo do golpe militar pasou once anos agochado na Coruña e finalmente logrou fuxir instalándose definitivamente en Montevideo. Alí, con Pedro Couceiro, Loís Tobío, Manuel Leiras, Emilio Pita, Antón Crestar, Manuel Meilán e Xesús Canabal, funda o programa de radio Sempre en Galicia, nome que é elixido por Somoza e que ten a súa primeira emisión 3 de setembro de 1950, constituíndo o programa radiofónico en galego máis antigo do mundo.