Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Alfredo García López-Dóriga

13 - Abril

Alfredo García López-DórigaO 13 de abril de 1849 nace en Viveiro Alfredo García López-Dóriga, xornalista e escritor. De mozo residiu en Oviedo onde colaborou en El Faro Asturiano e dirixiu La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias. Viviu tamén en Santiago de Compostela, Salamanca e Mondoñedo, onde dirixiu o periódico local El Baluarte de Galicia. Finalmente asentouse en Viveiro, onde exerceu como bibliotecario e colaborou nos periódicos El Eco de Vivero e El Vivariense.

En castelán, foi narrador, poeta e articulista. En galego, escribiu algúns poemas que foron publicados en diferentes xornais da época. Algúns deles foron recollidos en Fuego del alma: Narraciones y leyendas (1966), volume póstumo bilingüe.

Foi cronista de Viveiro e académico correspondente da Real Academia Galega.

Details

Date:
13 - Abril