Alfredo Brañas
11 - Xaneiro
O 11 de xaneiro de 1859 nace Alfredo Brañas, escritor e ideólogo do rexionalismo galego no século XIX. En 1889 publica El Regionalismo, estudio sociolóxico, histórico e literario, que se converterá na obra referente do galeguismo. En 1890 participa na creación da “Asociación Regionalista Gallega” (ARG) e escribe no seu voceiro “La Patria Gallega”. Nel Brañas vai falar por primeira vez de Galiza como nacionalidade.