Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Alexandre de Fisterra

6 - Maio

Alexandre de FisterraO día 6 de maio de 1919 nacía en Fisterra Alexandre Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra. Foi escritor, editor, inventor, republicano e testamentario de León Felipe. O seu invento máis popular foi o do futbolín.

Con 15 anos vai a Madrid estudar o bacharelato, onde coñece a León Felipe. Funda o xornal Paso a la Juventud. No bombardeo de Madrid –en 1936– resulta ferido e lévano para Valencia e desta cidade para o hospital de Monserrat. Será en 1937, en Barcelona, cando patente a invención do futbolín. Exiliouse en París e de aquí marcha a Quito –Ecuador–, onde fundou a revista Ecuador, 0°, 0′, 0″, onde dedicaba cada número a un poeta dun país. Xa en México fundou e dirixiu a chamada Editorial Finisterre Impresora, onde publica libros de León Felipe.

Tras a morte de Franco, regresa a España, residindo en Aranda de Duero (Burgos) e Zamora. Alexandre de Fisterra morre aos 87 anos.

Details

Date:
6 - Maio