Cargando eventos

« Todos os eventos

Alexandre Bóveda

4 - Xuño

4xO 4 de xuño de 1903  nace en Ourense Alexandre Bóveda, un dos intelectuais nacionalista máis relevantes dos anos 30 e, segundo palabras do propio Castelao,  motor do Partido Galeguista. Cando en  decembro de 1931 se funda en Pontevedra o Partido Galeguista, Alexandre Bóveda foi nomeado Secretario de Organización.
O día 3 de xuño de 1932, a Asemblea de Concellos de Galiza encarregou a nove ponentes a redacción do anteproxecto de Estatuto de Autonomía.  Alexandre Bóveda  foi o seu o principal impulsor deste anteproxecto, chegando a demostrar que a política fiscal do Estado discriminaba a Galiza. Tras o golpe militar de 1936 é detido o 20 de xullo, acusado de traizón  o 13 de agosto do mesmo ano, tras un xuízo sumarísimo é condenado a morte. Na alba do día 17 de agosto de 1936 foi fusilado na Caeira, ao pé dun groso piñeiro, dun tiro no corazón. O cadáver foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro, en Pontevedra. En lembranza de Bóveda, os exiliados galegos de Bos Aires decidiron celebrar o día 17 de agosto como Día da Galiza Mártir. Para el e para todos os mártires galegos, escribiu Castelao que querían enterrar cadavres, pero enterraban semente.

Detalles

Data:
4 - Xuño