Cargando eventos

« Todos os eventos

Alejandro Rodríguez Cadarso

15 - Decembro

15dO 15 de decembro de 1933 Alejandro Rodríguez Cadarso, docente na Cátedra de Anatomía da Facultade de Medicina da USC, científico, político e reitor da USC, da que sería o iniciador da súa modernización, emprende unha viaxe cara a Madrid para asistir á primeira sesión da segunda lexislatura republicana. Un accidente de coche rematará coa súa vida. Republicano e galeguista exerceu como concelleiro en Santiago e será deputado pola ORGA. Moitas das súas actuacións políticas estiveron relacionadas coa universidade e encamiñadas a favorecer o ensino experimental e o fomento da investigación. Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, coa axuda dos socios do SEG poñerá en funcionamento o Instituto de Estudos Rexionais facendo realidade os desexos de galeguización da institución universitaria. Durante o seu mandato como reitor fomenta as relacións científico-culturais con Portugal coa creación do Instituto de Estudos Portugueses. Á súa morte e tras o triunfo do golpe de estado do 1936, as autoridades franquistas exercerán a represión contra a súa viúva e fillos privándoos da pensión que percibían e deixándoos nunha grave situación económica

Detalles

Data:
15 - Decembro