Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Alberto Vilanova Rodríguez

5 - Xullo

5xO 5 de xullo de 1910 nace en Ourense o ensaísta Alberto Vilanova Rodríguez. Desde moi novo militou no republicanismo de esquerda. Dirixiu as Juventudes de Acción Republicana en Ourense e colaborou en xornais como La Zarpa e o Heraldo de Galicia, semanario portavoz dos galeguistas. Na guerra estivo preso no mosteiro de Oseira. En 1954 trasládase a Bos Aires, onde residirá até 1982.  É autor, entre múltiples traballos de investigación e centos de artigos, dun estudo sobre a vida e a obra de Juan Antonio Saco y Arce e do estudo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, co que gañará o premio convocado polo Centro Galego de Bos Aires para conmemorar o centenario do nacemento de Curros. A súa biblioteca persoal, máis de sete mil volumes e centos de carpetas con recortes de prensa, consérvase na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.

Detalles

Data:
5 - Xullo