Agrupación republicana feminina da Coruña
13 - Abril
O 13 abril de 1933 constitúese a Agrupación republicana feminina. Constituíuse oficialmente na Coruña o día 13 de Abril de 1933, previa xuntanza de disolución, celebrada o día 9 de abril, do subcomité coruñés da Liga Internacional de Mujeres. A primeira Xunta Directiva tivo como presidenta a Elvira Bao de Varela. A agrupación tiña entre outros os obxectivos de contribuír á xustiza social, defender os dereitos das mulleres, traballar pola consecución dos aínda non recoñecidos e impulsar a cultura.