Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Afonso VII

1 - Marzo

Afonso VIIO 1 de marzo de 1105 nace en Caldas de Reis Afonso Reimundez, que pasou á historia co nome de Afonso VII. Fillo de dona Urraca, foi criado no reino de Galiza pola familia de Pedro Froilaz, conde de Traba, cabeza da nobreza laica galega que o proclama como rei en 1109. Afonso Raimúndez é coroado como rei de Galiza na Catedral de Santiago de Compostela, nunha cerimonia presidida polo arcebispo Xelmírez e promovida polo conde Pedro Froilaz. Pese ás diferenzas existentes entre a nobreza civil e eclesiástica, Diego Xelmírez e Pedro Froilaz, compartían unha mesma alternativa: a existencia dun reino de Galiza, dirixido por un monarca de orixe, formación e práctica galega. A entronización de Afonso VII abre paso a un longo reinado de máis de corenta anos, tempo no que, na cidade de León, será proclamado emperador en 1135, deste xeito queda patente o papel hexemónico de Galiza no espazo cristián peninsular. Este nomeamento significa o trunfo do proxecto político da oligarquía galega. Esta tería en Afonso VII un instrumento para os seus intereses, dándolle continuidade a esta proposta na figura do seu fillo Fernando II.

Details

Date:
1 - Marzo