Acción Gallega
15 - Xaneiro
O 15 de xaneiro de 1910 aparece a revista Acción Galega que lle dá voz a dun dos máis importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do século XX. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do agrarismo galego. O 15 de xaneiro de 1910 o movemento daba o primeiro sinal público de existencia, coa aparición da revista “Acción Gallega”, en que o estilo inconfundible de Basilio Álvarez, o líder agrarista, quedaba claramente reflectido. A revista “Acción Gallega” é un dos máis importantes documentos da historia social da Galiza no século XX.