A. Vilar Ponte
8 - Xaneiro
O 8 de xaneiro de 1916 Antón Vilar Ponte publica en “La Voz de Galicia” un artigo na súa columna “Con letra del siete” en defensa da lingua galega no ensino. Desde había xa tempo varios escritores se viñan manifestando en defensa da nosa lingua. É o caso de Aurelio Ribalta que na revista “Estudios Gallegos”, en 1915, realizou un chamamento para que os ensinantes aprendesen galego. Recolle esa chamada Antón Vilar Ponte e comeza unha campaña a favor da creación dunha “Liga de Amigos do Idioma Galego” que culminaría o 18 de maio dese ano coa creación da Irmandade da Fala da Coruña.